Imprimir y PDF

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra recibirá a quen tiña un Ribeira Sacra na casa

15/05/2020

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra propoñía unha semana dedicada ao brinde Día movemento viño D.O. Do 6 ao 13 de maio foise facendo este brinde colectivo no que os participantes remitían fotos, brindando con viños da D.O. Ribeira Sacra. O obxectivo poñer en valor o traballo de viticultores e adegueiros.

Cos hastags #BrindisMovimientoVinoDO #BrindisDORS fóronse colgando na páxina de Facebook da D.O. Ribeira Sacra as fotos que se cinguían ás bases da convocatoria; a foto debía recoller unha botella da D.O. Ribeira Sacra e xesto de brinde. Entre as fotos recibidas houbo quen sinalou a súa procedencia e aquí destacamos a participación de xente de Barcelona e Cádiz que quixo compartir o seu brinde cos viños da D.O. Ribeira Sacra desde o seu lugar de confinamento.

As 3 fotos que máis “Me gusta” recibiron antes das 23.59 do día 13 de maio son as fotos premiadas neste concurso que pretende tamén abrir a posibilidade para gozar dos recursos da Ruta do Viño da Ribeira Sacra en canto os establecementos asociados vaian abrindo as súas portas.

Premios:   

  • Antía Pavón de Lalín. Comida ou cea nun restaurante da Ruta do Viño de Ribeira Sacra
  • Flavia Payno de Bandeira. Aloxamento dunha noite e almorzo nun establecemento da Ruta do Viño de Ribeira Sacra.
  • Adam Salgado de Leiro, Ourense. Visita guiada a adega da Ruta do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus viños.

O C.R.D.O.R.S. agradece a participación neste brinde de adegas e particulares que durante unha semana contribuíron a divulgar os viños da D.O. Ribeira Sacra coas súas imaxes. Entre o 18 ao 22 deste mes publicaranse na páxina de Facebook da D.O. Ribeira Sacra, as fotos que se enviaron e que non entraron a concurso, ben porque faltaba a botella ou o brinde. Deste xeito quérese agradecer tamén a implicación desas persoas que tiñan un Ribeira Sacra na casa.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: