Imprimir y PDF

A sostibilidade, eixo do traballo de CECRV no 2021

21/12/2020

A sostibilidade será o principal eixo de acción de CECRV en 2021. A XXVI Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas ( CECRV) serviu para sentar as bases da actividade da asociación no próximo exercicio.

Foron dous os asuntos que centraron boa parte do contido da Asemblea: a revisión/reforzo da política de calidade da Unión Europea, que as institucións comunitarias levarán a cabo nos próximos meses e que desembocará nunha proposta lexislativa a finais do próximo ano ou comezos de 2022, e a Estratexia Da Granxa á Mesa, na que se enmarca a revisión da política de calidade e que marca boa parte da folla de ruta da aplicación do Pacto Verde Europeo na política agroalimentaria.

O presidente de CECRV, David Palacios Algarra, explica que “Estamos nun momento de transición cara a unha agricultura sostible. As indicacións xeográficas son ferramentas de sostibilidade, nos seus tres piares: económica, social e ambiental. Este concepto vai estar no centro da nova PAC, dos fondos de recuperación NextGenerationEU e de moitas das políticas públicas que afectarán o noso sector nos próximos anos”. E engade que “imos centrar boa parte do noso traballo en 2021 en explicar e visibilizar o traballo das DDOO en materia de sostibilidade e potencialo aínda máis, porque realizamos unha achega esencial en moitos territorios, que permite a súa pervivencia, sendo un elemento vertebrador e de desenvolvemento de sistemas socioeconómicos e ambientais resilientes en moitas zonas, algunhas delas sen outras alternativas produtivas”.

A Asemblea Xeral, que se celebrou de forma telemática e contou coa participación de case 50 representantes de denominacións de orixe, debateu tamén sobre a importancia de que as diferentes organizacións sectoriais apoiemos e coordinemos unha estratexia de sector que contribúa a evitar informacións erróneas ou sesgadas sobre o viño, que causan moito dano e profundo malestar en todas as organizacións, nos operadores e, sobre todo, nas miles de familias que traballan e viven do mesmo. Neste sentido, CECRV apoia e agradece os esforzos que outras organizacións veñen realizando neste sentido e sumouse aos devanditos esforzos para reclamar sensibilidade neste ámbito, un aspecto perfectamente compatible co rigor informativo.

A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) é a asociación sen ánimo de lucro que representa ás denominacións de orixe de viño ante a Administración Xeral do Estado e ante as institucións da Unión Europea, recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación como interlocutor da Administración en materia de figuras de calidade. CECRV forma parte tamén da  European Federation of Origin Wines (EFOW), xunto ás organizacións representativas das indicacións xeográfica do resto de grandes países produtores europeos (Francia, Italia e Portugal, además de España).


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: