Imprimir y PDF

Novas

A D.O. Ribeira Sacra supera os 5 millóns de quilos de uva recolleitos

Nesta campaña a uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e destaca un aumento do grao

A D.O. Ribeira Sacra aumenta as vendas estatais e galegas nesta campaña vitivinícola

O aumento de exportacións vincúlase ás visitas de importadores e prescriptores á D.O. Ribeira Sacra e tamén á presencia en feiras internacionais como Prowein, London Wine Fair, Vinexpo Burdeos e outros eventos como Decanter

35 adegas seguen vendimando na D.O. Ribeira Sacra cando levan recolleito 3.496.411 quilos

Ademais da prevista diminución da colleita desta campaña, a uva ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.

A D.O. Ribeira Sacra afronta a primeira fin de semana oficial de vendima con 1. 323. 239 quilos de uva recolleitos

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o 16 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades nalgunhas parcelas o pasado 28 de agosto, comezando os traballos de vendima na subzona Ribeiras do Sil.

A D.O. Ribeira Sacra patrocina o proxecto audiovisual Ribeira Sacra-Actual

No 2018 a D.O. Ribeira Sacra colabora co proxecto audiovisual de Queiman e Pousa; un vídeo musical para promocionar a Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio Mundial da Humanidade. Aquel primeiro proxecto amosa unha Galicia emigrante dos anos 60 cando non se percibía a riqueza cultural e rural do interior de Galicia.

16 de setembro, inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe o 16 setembro.

A D.O. Ribeira Sacra consegue 11 Ouros no Mondial des Vins Extremes e 14 Distincións Gallaecia

Os viños da D.O. Ribeira Sacra obteñen 11 Medallas de Ouro tras a participación no Mondial des Vins Extremes que se celebrou en Aosta entre o 27 e o 29 de agosto. Dos 81 viños da D.O. Ribeira Sacra catados para as Distincións Gallaecia obteñen este recoñecemento 2 brancos e 12 tintos.

Chega o “Mondial des Vins Extremes” e a D.O. Ribeira Sacra acode con 64 mostras

O “Mondial des Vins Extremes”, o certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña ou viticultura heroica, que organiza o CERVIM no Val italiano de Aosta chega á súa cita anual

Comeza a vendima na D.O. Ribeira Sacra

A adega Ronsel do Sil da zubzona Ribeiras do Sil anuncia, que salvo imprevistos, inicia este mércores, 26 de agosto, os traballos de recollida de uva de variedades puntuais en determinadas parcelas

Pide o teu Ribeira Sacra, espazo de venda online dos viños da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra segue ofrecendo medios ás adegas que forman parte da D.O. Ribeira Sacra para que poidan seguir vendendo os seus viños

Aberto o prazo para participar no “Mondial des Vins Extremes” que se celebrará entre o 16 e 18 de xullo

O “Mondial des Vins Extremes”, que se celebra no Val italiano de Aosta, terá lugar este ano, entre os días 16 e 18 de xullo

Só son viños de Ribeira Sacra os viños amparados pola Denominación de Orixe

O 14 de maio a publicación The Wine Advocate, fundada por Robert Parker, valoraba unha serie de viños da zona de produción da D.O. Ribeira Sacra e de zonas limítrofes.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: