Imprimir y PDF

Novas

Só son viños de Ribeira Sacra os viños amparados pola Denominación de Orixe

O 14 de maio a publicación The Wine Advocate, fundada por Robert Parker, valoraba unha serie de viños da zona de produción da D.O. Ribeira Sacra e de zonas limítrofes.

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra recibirá a quen tiña un Ribeira Sacra na casa

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra propoñía unha semana dedicada ao brinde Día movemento viño D.O.

Catas riquiñas con viños da D.O. Ribeira Sacra

Desde Xantar propoñen saír de viños os venres con viños das D.O. galegas. O ciclo denominado “catas riquiñas” estará guiado pola experta en catas, Mercedes González Rodríguez.

Un brinde virtual e colectivo polo viño con Denominación de Orixe

Este sábado día 9 de maio, ás 13:30 horas, animámosvos a que descorchedes unha botella de viño con Denominación de Orixe, sirvádesvos unha copa e participedes nun brinde colectivo nunca visto ata o momento.

Brinde virtual Día Movemento Viño DO con viños da D.O. Ribeira Sacra

O calendario do sector do viño con D.O. en España tiña unha cita este sábado, 9 de maio, co brinde do #DíaMovementoViñoDO

Se queres un Ribeira Sacra pídeo

A crise sanitaria do coronavirus provocou unha parálise económica e de mercados á que ningún sector é alleo. Desde o C.R.D.O.R.S. considérase que hai dous elementos nesta situación que non prexudican a estes viños como a outros sectores e produtos; que o viño non sexa un produto estacional e a porcentaxe de produción que se dedica á exportación.

A D.O. Ribeira Sacra congratúlase de que a Ribeira Sacra dea un paso máis para ser Patrimonio da Humanidade.

A UNESCO comunicaba este venres á Xunta que a candidatura da Ribeira Sacra para ser Patrimonio da Humanidade é unha das 24 propostas admitidas para o seu estudo na 45º sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO

Medidas preventivas adoptadas nas oficinas do C.R.D.O. Ribeira Sacra para contribuír a evitar a propagación do coronavirus

Dacordo coas recomendacións das autoridades sanitarias ante a evolución que está presentando o brote epidemiolóxico do COVID19, desde o Consello Regulador establécense as seguintes medidas:

Ferrán Centelles: “Trátase de facer moi bo viño e de explicalo ben para que se conciba como un viño de valor.”

Ferrán Centelles, catador de elBulli, mantivo esta mañá un encontro con hostaleiros e adegueiros da Ribeira Sacra. Case un cento de persoas participaron desta xornada formativa sobre a industria vinícola.

A colleita 2019 da D.O. Ribeira Sacra cualificada como MOI BOA

O panel de cata valorou 10 referencias, representativas das 5 subzonas , catando mostras de pequenas e grandes adegas, e mostras de depósito e xa en mercado.

A D.O. Ribeira Sacra asiste por primeira vez a Decanter

A D.O. Ribeira Sacra estará representada en Decanter, xunto con outras denominacións vitivinícolas galegas, nunha área especifica de Galicia, “Wines from Galicia”

A D.O. Ribeira Sacra celebra en Portomarín a Cata de Calificación da colleita 2019, o día 28

As Catas de Calificación da Ribeira Sacra teñen carácter itinerante por subzonas e, nesta ocasión, a quenda é para a subzona de Chantada.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: