Imprimir y PDF

Abadía da Cova Ecolóxico

Ribeira Sacra aposta polo viño ecolóxico

05/03/2010

Adegas Moure, adega de Ribeira Sacra, acaba de presentar o seu primeiro viño ecolóxico, Abadía da Cova Ecolóxico, ??un viño fresco, afroitado, tradicional e artesanal, un viño clásico da nosa comarca e unha aposta de futuro?, apuntaba un dos responsables de Adegas Moure, Evaristo Rodríguez.
Neste primeiro ano sácanse ao mercado 10.000 botellas, para o vindeiro ano agardan sacar 15.000 e aseguran dende a adega que poden chegar ás 20.000 botellas. O obxectivo principal é comercializalo en Galicia, tanto nas tendas como na restauración, pero tamén se lle dará saída cara o exterior, a países como Canadá, EEUU ou Alemaña, países aos que exporta dende ahí tempo a adega.

José Manuel Moure, responsable de Adegas Moure lembraba que cando naceu a D.O. a súa adega fora unha das impulsoras, foron pioneiros en Galicia á hora de elaborar viño de barrica e agora dan un paso máis coa proposta do viño ecolóxico. ??Sempre buscamos facer cousas novas, era un obxectivo dende hai un par de anos e un nicho de mercado por cubrir. Queremos dar unha nova opción aos consumidores e amantes do viño, poñelo na mesa da maioría dos galegos, ao tempo que axudamos a desenvolver unha agricultura máis sostible. Esperamos que este viño teña futuro e que sirva para abrir as portas a outras adegas para que sigan por este camiño?, apuntaba José Manuel Moure.
A uva para elaborar este novo Abadía da Cova Ecolóxico provén de dúas parcelas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra controladas polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, CRAEGA. Polo momento a adega non ten uva ecolóxica propia, pero é un obxectivo nuns anos.

Galicia conta agora con 3 viños de D.O. cualificados como ecolóxicos polo CRAEGA, un deles da D.O. Valdeorras e os outros dous da D.O. Ribeira Sacra, Diego de Lemos da adega de Esther Teijeiro e Abadía da Cova Ecolóxico de Adegas Moure.

Para o Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez ??este novo viño supón unha oferta máis dentro da liña da D.O. de elaborar produtos singulares nun territorio singular?.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.