Dicionario do viño


Amplo


Un viño completo, cheo, abundante en matices.

Anada


(fr. Millésime). Ano no que se vendimou o viño. Debe de figurar na botella.

Andana


Na adega, fila de barricas ou botas aliñadas nas naves ou cavas de crianza.

Anello


Viño criado en barricas ou en botellas, polo menos durante tres anos.

Ataque


É a primeira impresión sensorial que o viño produce no padal.

Aveludado


Suave, de tacto agradable e sedoso, sobre todo nos viños tintos.

Bagazos


Residuo procedente da prensada das uvas. Despois de obtido o viño de prensa, os oruxos poden utilizarse como abono para destilalos e elaborar a augardente de bagazo.

Balsámico


Aroma resinoide que pode deberse á variedade, á terra ou á crianza (incenso, cedro, pino, alcanfor,etc). É un aroma nobre.

Barrica


Envase de Madeira que se utiliza para criar os viños. A barrica bordelesa (225 litros) é moi prezada para a crianza dos grandes viños de mesa. Está composta polas doelas de madeira de Carballo, uns aros metálicos de axuste e dúas tapas.

Bocoi


Bota-Tonel. Envase de madeira, maior que a barrica. Capacidade de 700 litros.

Bouquet


Palabra de orixe francesa que se utiliza para designar o conxunto de sensacións olfactivas que ofrece un viño.

Branco


Estilo clásico de viño moi claro, con abundancia de amarelo matizado por ampla gama de tons verdes e dourados.

Brillante


Viño que presenta un aspecto visual esplendoroso e limpo, con reflexos luminosos.

Brut


Viño espumoso moi seco. Característica dos cavas. Admite diferentes matices dependendo do contido de azucre: brut cero, brut salvaxe, brut absoluto, brut nature.

Cangallo ou cango


Parte leñosa ou verde do acio que serve de soporte aos grans de uva.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: