Dicionario do viño


Tenro


Dise do viño pouco ácido, lixeiro e con pouco extracto.

Tinto


Tipo básico de viño elaborado a partir de uvas tintas fermentado en presenza das peles. Presenta unha cor que vai dende o vermello guinda ata o negro azulado.

Trasego


Operación en adega que consiste en airear o viño e separalo das lías que se depositan nos envases de almacenamento ou crianza.

Untuoso


Sedoso, rico en glicerina. Un viño amplo e moi suave.

Vainilla


Aroma especiado, aportado polo carballo novo durante a crianza.

Variedade


Tipo de uva de características distintivas. Todos os tipos de uva pertencen a unha mesma especie: Vitis vinífera.

Varietal


Viño elaborado a partir dunha soa variedade de uva.

Vendima


Recoleción dos acios de uva.

Verdor


Sensación do viño inmaduro, que aínda non evolucionou ata armonizar a súa acidez.

Vinificación


Conxunto de operacións destinadas a obter viño a partir do mosto das uvas.

Viño


Bebida natural obtida por fermentación do mosto de uva.

Viño gaseoso


Viño espumoso de inferior calidade, gasificado industrialmente.

Vivaz


Fresco, brillante na cor, limpo de aroma e con savia.

Xema


Primeira fracción do mosto, obtida mediante escurrido, sen que a pasta sufra presión ningunha.

Xeneroso


Viño especial cuxo contido alcohólico está entre 15º e 23º . Tamén se aplica por extensión aos viños de mesa con forte contido alcohólico.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: