Dicionario do viño


Mantequilla-manteiga


Aroma nobre que pode detectarse en viños de calidade, sobre todo se fixeron a fermentación maloláctica.

Manzanilla


Viño fresco xeneroso, criado en Sanlúcar de Barrameda, Andalucía.

Mistela


Mestura de alcohol vínico puro con mosto.

Mosto


Zume da uva sen fermentar.

Mentol


Aroma nobre dalgúns viños tintos de crianza.

Nai


Sedimento ou lía que se deposita no fondo da barrica. Viño concentrado por ebulición, que pode engadirse aos viños comúns para darlles corpo.

Novo


Viño sen crianza no que se buscaron as calidades afroitadas e máis frescas.

Oloroso


Viño xeneroso de Xerez, entre 18º e 20º de alcohol e cun perfume que lembra a noces. Obtense por crianza oxidativa. Cor escura, vinosa e corpulento.

Oxidación


Alteración que sofren os viños ao recibiren un aporte de osíxeno. Afecta á cor e frescor dos viños brancos. Os viños tintos osixénanse moderadamente durante os trasegos da crianza, pero un exceso de oxidación quebra a súa cor e as súas calidades.

Pale Cream


É un viño doce coa cor do fino.

Pale Dry


É un viño fino.

Pálido


Aplícase aos viños brancos de baixa intensidade cromática.

Pallizo


Dise do viño branco de cor clara, como a palla.

Pao Cortado


Categoría intermedia entre o Xerez amontillado e o oloroso. Ten o perfume do primeiro e o padal do segundo. É moi escaso.

Pasificación


Olores que lembran aos das uvas pasas desenrolados en viños elaborados con uvas demasiado maduras.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: