Dicionario do viño


Pelica


Pel da uva.

Persistencia


Duración das sensacións que o viño produce no nariz e no padal..

Posgusto


Aroma e sabor que permanece na gorxa e na vía retronasal despois de tragar o viño.

Redondo


Viño equilibrado, que amosa harmonía entre tódos os seus compoñentes, pigmento, aromas primarios e secundarios, cor, sabor e olor característico.

Redución


Proceso de crianza en botella no que o viño consome somentes o osíxeno contido no envase e madura lentamente. Falto de aire. Contribúe ao afinamento dos viños.

Repinta


Época do ano na que a uva comenza a tomar cor.

Reserva


Mención que distingue aos viños de longa crianza.

Retrogusto


É o conxunto de sensacións que deixa o viño despois de saborealo.

Rolla


Tapón da botella. En cata, sabor e olor desagradable que pode detectarse nos viños cuxo tapón non está en boas condicións.

Rosado


Tipo de viño elaborado a partir de uvas tintas cuxa fermentación se realiza en ausencia das peles, acadando os viños certa coloración.

Sangría


Bebida refrescante, moi española, que se elabora con viño e froitas, sobor de todo limón.

Seco


Viño que realizou plenamente a súa fermentación, transformando todo o azucre en alcohol. Calidade gustativa dos viños.

Soleira


A fila inferior dunha escala de botas, onde se crian os viños máis vellos. Ademais é un sistema de crianza que consiste en mellorar o viño novo co máis vello. É un sistema de crianza dos viños xenerosos de Xerez.

Tabaco


Evocación apreciable nos aromas dalgúns grandes viños de crianza.

Tanino


Substancia orgánica de sabor adstrinxente, contida nas peles e pebidas da uva. Tamén a madeira de carballo aporta, durante a crianza, os taninos propios da súa cortiza vexetal.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: